Residencias Universitarias Santiago de Compostela
Llámanos: +34 981 584 511

INICIATIVA DE CONSUMO RESPONSABLE PARA MOZOS



A Asociación Galega de Estudios Sociais (AGES) en colaboración co Colexio Maior e co patrocinio da DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA puxo en marcha a iniciativa “Consumo Responsable” para mozos e mozas, para que as persoas novas poidan informarse sobre asuntos de consumo de especial interese para elas, coa que se pretende formar os mozos para que realicen compras responsables e non se deixen premer pola publicidade.


A iniciativa vai dirixida ao colectivo de mozos entre 18 e 25 anos e para iso establecéronse áreas sobre temas directamente relacionados cos mozos: Consumo responsable, bo uso de Internet e de teléfono móbil, alimentación equilibrada, comercio xusto, bo uso do tempo de ocio, drogas e alcohol.


Para apoiar estes temas programáronse diferentes actividades e a elaboración de diferentes materiais de apoio e difusión da iniciativa. As actividades durarán de Xaneiro a Xuño


Comments are closed.