Residencias Universitarias Santiago de Compostela
Llámanos: +34 981 584 511

CURSO DE INSERCIÓN LABORAL E EMPRENDIMIENTO PARA MOZOS



Esta acción formativa ten como obxectivo dotar os participantes de novas capacidades orientadas a facilitar a súa posterior inserción no mercado laboral. Así mesmo proporcionaranse os fundamentos esenciais para o desenvolvemento de competencias de iniciativa emprendedora e o autoemprego.

Realízase coa colaboración da Asociación Galega de Estudios Sociais (AGES) e conta co patrocinio da DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA XUNTA DE GALICIA

Estrutura e Contido:

A inserción no mercado laboral precisa do desenvolvemento de capacidades, específicas e transversais, que faciliten o acceso a un posto de traballo e permitan un posterior desempeño. Neste sentido, formarase traballará na elaboración do curriculum vitae, a preparación da entrevista, o control dos nervios. Así mesmo abordaranse as técnicas de comunicación, resolución de conflito, liderado, e traballo en equipo para lograr un bo desempeño persoal no ámbito profesional.

Con respecto ao desenvolvemento do espírito emprendedor, abordarase a importancia da iniciativa emprendedora e do proceso de emprender, desenvolvendo a capacidade de xerar unha idea emprendedora sobre a que aplicar o resto de contidos, e que dará lugar a un breve estudo de viabilidade ao final do curso. Para iso impartiranse uns coñecementos teóricos básicos, reforzados co coñecemento de experiencias emprendedoras de éxito.

PARTE I: Técnicas de busca de emprego

Proceso de selección.

Proxecto profesional e etapas do proceso de selección

As probas psicotécnicas.

Dinámicas de grupo.

A entrevista persoal.

Estratexias na busca de emprego.

Instrumentos de busca de emprego e a guía laboral.
PARTE III: INICIATIVA EMPRENDEDORA

Emprendimiento e Sociedade Emprendedora

A detección de oportunidades para emprender

O Plan de Empresa: a metodoloxía para emprender

Análise do ámbito e viabilidade comercial

Posicionamento e estratexia comercial

Estratexia de operación

Estratexia financeira

Análise da viabilidade do proxecto

Calendario, Horario e Lugar de Celebración:

Proponse un total de 30 horas lectivas presenciais en horario de luns e mércores de 13:30 a 15:30 horas, Adicionalmente prevese unha carga de traballo complementaria doutras 45 horas, dedicadas a titorías on-line e á elaboración dun Plan de Viabilidade para o proxecto profesional que deseñe o participante traballando en grupo con outros compañeiros. Isto significa unha carga de traballo de 75 horas ao longo de todo o curso.


Comments are closed.