Residencias Universitarias Santiago de Compostela
Llámanos: +34 981 584 511

Colexio Maior La Estila


O Colexio Maior La Estila


A Estila ofrece aos residentes todo o que necesitan para render ao máximo nos anos de Universidade, resolvendo os aspectos materiais: o aloxamento, a manutención, o lavado da roupa, etc. Pero, sobre todo, porque o ambiente de estudo, traballo e compañeirismo centra académicamente aos residentes do Maior.

Os profesores que viven no Colexio e os compañeiros de cursos superiores son unha axuda fundamental aos recentemente chegados, coa súa experiencia e as súas orientacións.

Vivir no maior


Como na túa propia casa. Todo o necesario para a túa dedicación ao estudo. Actividades para o teu desenvolvemento integral e para o descanso. Atención personalizada, ambiente grato e especialistas nos necesarios servizos para que a túa vida de estudante renda ao máximo.

Vivir no Maior supón un incentivo continuo para esta época tan importante da túa vida. Desde os seus comezos o Colexio Maior estivo firmemente comprometido con Galicia e co desenvolvemento da Universidade de Santiago, da que é Colexio Maior Adscrito. Ao longo destes anos foron case 3.000 os estudantes universitarios que viviron no Maior. A mediciña, o dereito, a empresa, etc., foron os seus destinos, nos que se converteron en profesionais de recoñecido prestixio.

En definitiva, La Estila posúe unha longa traxectoria e unha gran tradición universitaria. O que nos importa non é o recoñecido prestixio que o Maior goza, senón a confianza que depositan en nós as familias.

Condicións económicas


  • O pago da estancia no Colexio Maior para todo o curso académico 2015-2016 realizarase en 9 cuotas de 815 € (IVA incl.).
  • Este custo abonaráse mensualmente (dende setembro ata maio, ambos incluidos).
  • Ofrécese aos que o desexen un servizo semanal de lavandería. O custe será de 55 € mensuais (IVA incl.).
  • Unha vez a dirección do Colexio Maior notifique a concesión da praza será necesario realizar un pago de 150 € para confirmar esa praza.

Instalacións e servicios


O Colexio Maior dispón dun conxunto de instalacións e servizos deseñados para facilitar aos seus residentes a sua estadia universitaria:

Aloxamento e manutención

  • Habitación individual con baño completo, amplo armario e zona de traballo.
  • Pensión completa: almorzó, comida e cea (incluidos fíns de semana e festivos).
  • Horarios flexibles de comidas, compatibles coa actividade académica.
  • Menús especiais por motivos médicos, vexetarianos, etc.
  • Lavandería semanal de roupa persoal e de deporte.
  • Roupa de cama, toallas, etc.
  • Limpeza diária de habitacións e zoas comúns.
  • Servizo de portería.

Rendimento académico

  • Programa de Excelencia Académica “Líder 3”
  • Programa persoalizado de asesoramento no estudo.
  • Actividades con créditos de libre configuración.
  • Programa de becas de excelencia.
  • Salas de estudo e aula de traballo dotada de pantalla táctil.
  • Biblioteca cultural e académica con mais de 3.000 volumes.
  • Sala de informática (INTERNET com ADSL).
  • Salón de actos (dotado de sistema home cinema 5.1).

Actividades deportivas e de lecer

  • Pavillón polideportivo e vestuários.
  • Pista polideportiva con iluminación nocturna.
  • Pista de tenis e frontón de cesped artificial.
  • Torneos deportivos.
  • Amplo xardín con zoa de barbacoa.
  • Bicicletas de montaña.

Actividades complementarias

  • Tertulias profesionais e de actualidade.
  • Atividades culturais (cine, clubs por carreiras, idiomas…)
  • Ciclos de conferencias e congresos.
  • Participación en iniciativas de promoción social e solidariedade.

Ademais

  • Condicións materiais óptimas.
  • Costumes e tradicións colexiais.
  • Capela e servizo de capelanía.

Programa de becas de excelencia


Para quen obteña excelentes calificacións no curso anterior e tamén para aqueles que non dispoñán de medios económicos suficientes, o Padroado de Goberno do Colexio Maior La Estila ofrece un Programa de Becas de Excelencia Académica, que consiste en descontos de até o 40% no prezo da mensualidade.